‘Gifting orgonite’ contra o ‘artificial’ cambio climático

04.01.2009

O MOVEMENTO ‘CHEAMTRAIL’

LAURA CAMINO
A seca en España e o cambio climático están sendo provocados artificialmente mediante fumigacións desde boeing cisterna camuflados e pintados como comerciais, e mediante antenas, camufladas tras telefonía, tv, etc. Todas estas operacións combátense pacificamente co gifting de orgonite ideado por Don Croft.

Unha mensaxe cifrada? O guión para unha nova película? Ciencia ficción? Non. Trátase do argumento dun movemento que se estende por internet. Pero vaiamos por partes.

“Estelas químicas nos nosos ceos expándense e crean un veo que provoca un efecto invernadoiro artificial sobre as nubes verdadeiras consumíndoas e substituíndoas por cirros para que non boten chuvia e facendo que as temperaturas suban considerablemente coa escusa do famoso cambio climático que é provocado artificialmente”.

Esa é, segundo este movemento, a verdade oculta das estelas que deixan os avións nos ceos. Unha especie de conspiración contra o clima.
A solución é ben sinxela: gifting de orgonite. Ou o que é o mesmo: agasallar dispositivos de orgonite, pequenos ‘tacos’ de enerxía cuxo proceso de fabricación se explica extensamente en internet (http://chemtrails.foroactivo.com, por exemplo).

Unha iniciativa “activa pero pacífica” ideada polo norteamericano Don Croft e a súa muller Carol Croft consistente en depositar varios dispositivos de orgonite nas proximidades das antenas de “suposta telefonía móbil”. Ó parecer, segundo as teorías de Don, estas ‘presuntas’ antenas non son máis que os sistemas de control de toda ese complot contra as nubes.

“Serven para o control climático local, en consecuencia e en comuñón con outras operacións, como os chemtrails –as estelas dos avións– e controlar o clima global”, xeralmente coa “destrución de nubes de chuvia e a creación dun efecto invernadoiro artificial”, aseguran os seus ‘discípulos’.
De feito, chegan a asegurar que o 2008 foi un ano especialmente chuvioso grazas ós dispositivos de orgonite situados por toda a xeografía. Pero que fan realmente estes chismes? Moi sinxelo: “transmutan o orgón morto que xeran as antenas de telefonía, teléfonos móbiles, tubos fluorescentes e lámpadas de baixo consumo, televisores, ordenadores, persoas negativas, etc., harmonizando o contorno ao seu arredor, vitalizando o ambiente” e, en fin, “axudando a conciliar o sono”, aseguran na web http://www.orgoneter.com.

Realidade ou paranoia, o movemento exténdese pola rede. A teoría está aí. E a verdade… Aí fora?

http://www.elcorreogallego.es/lecer/ecg-h/gifting-orgonite-artificial-cambio-climatico/idEdicion-2009-01-08/idNoticia-380735/

Anuncis

Arxiu

Categories

HAARP Induction Magnetometer

Vapor d’aigua -Mitjana i alta troposfera

Chemtrails History Channel

Pluja química a Lleida

L’engany del cas “Memphis Belle”

Falses esteles de condensació

Mapa ‘gifting’ orgonite

RSS Destapando las mentiras

  • S'ha produït un error; probablement el canal ha deixat de funcionar. Torneu-ho a provar d'aquí una estona.

Emanacions d’energia orgó

Precipit. a Catalunya -temps real

Projecte Chemtrails Catalunya

Islàndia

Les aventures de Don i Carol Croft

Molt probables fumigacions

Georg Ritschl “Operation Paradise”

Destrucció química dels cúmuls

Pyrenees gifting

Generadors de prana d’en Jordi

So blanc, geometria i orgonite

Contacte:

chemtrailsgirona@gmail.com


%d bloggers like this: